martes, 10 de febreiro de 2015

Twitter Analytics. Cómo usar a ferramenta oficial para ver as estatísticas de Twitter

twitter analytics, estatisticas twitter
Para coñecer  cal e a eficacia das túas publicacións en Twitter e si están a chegar ó público adecuado, existe unha aplicación nativa que permiteche usar unha serie de ferramentas para monitorizar a nosa conta e poder coñecer mais de perto a efectividade e mais acadar un  maior coñecemento das usuarias que nos siguen. Referimonos a Twitter analytics.

¿Cómo entrar e usar Twitter analytics?

Entra en https://analytics.twitter.com/ e logueate como usuaria cos teus datos de Twitter, e na parte superior, dentro de analíticas verás as opcións dispoñibles.

analise twitter, twitter analytics

Analise de Chios

No apartado adicado ós chios, veremos na parte superior cal foi o alcance xeral dos chios dentro de un periodo de tempo determiñado. Por omisión ós pasados 28 días.
Tamén podemos escoller calqueira dos pasados 4 meses ou a derradeira semana. Estes dados son exportables a unha folla de cálculo como LibreOffice Calc para poder analizalos posteriormente con mais detenemento.


Debaixo desta gráfica aparecen todos e cada un dos chios que emitimos. Eiquí poderemos mirar cal foi o efecto que  causou na nosa audiencia (e empregando o método empírico mellorar o alcance das nosas publicacións).

Analise Twitter, analiticas twitter, twitter analytics

Con este elemento podemos  coñecer:

  • Cantas impresións tivo a mensaxe.
  • Cantas persoas clicaron no media da mensaxe.
  • Cantas persoas expandiron o chio.
  • Cantas persoas abriron o enlace.
  • Cantas persoas respostaron ó teu comentario.
  • Cantas persoas rechiaron o contido.
  • Canta xente marcou como favorito teu Tweet.

Estudo de seguidoras do noso Twitter.

No apartado Followers (seguidoras) atoparemos diversos datos de interese:

A evolución da nosa conta.

¿Globalmente gañamos ou perdemos seguidoras? Lembremos que recibimos notificación cando alguén nos sigue, pero non cando deixa de facelo... (Para cumplir esta función existen algunhas ferramentas que te informan de quen deixa de seguirte no Twitter... pero siguen si decir o por qué!!!!)

Twitter analytics, analiticas twitter

Intereses e ubicación das seguidoras do noso Twitter:



O apartado que nos amosa a captura  indicanos cal é a ubicación das nosas seguidoras, súa ubicación e xénero. ¿Están alineados estes intereses co que nos pretendemos?

Polo de agora ainda que as opcións de Twitter Analytics con algo limitadas, nos dan unha información moi interesante para poder ir mellorando día a día a xestión da nosa conta e prometen ir engadindo novas informacións en vindeiros meses.

¿Qué che parece a ferramenta de analise do Twitter?


Licencia Creative Commons Twitter Analytics. Cómo usar a ferramenta oficial para ver as estatísticas de Twitter,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar ...
Seguro que teu comentario e chachi, pero o xefe nos manda miralo antes de publicalo !!!